AS TARDES SAUDABLES de CANTEIRA DE SAÚDE
Estimados compañeiros:
Probablemente coñezades unha publicación que,
dende os Centros de Saúde de Sárdoma e Matamá,
levamos facendo máis de 15 anos titulada CANTEIRA DE
SAÚDE. Esta publicación está dirixida a pacientes e
cidadáns en xeral e ten como obxectivo principal
proporcionar información sanitaria accesible,
actualizada e de calidade.
Os editores desta iniciativa, constituídos como
asociación sen ánimo de lucro, organizamos unha nova
actividade titulada AS TARDES SAUDABLES de CANTEIRA
DE SAÚDE, na que se tratará un tema de intérés para
os pacientes e público asistente por parte dun
experto como escusa para abrir un debate ou coloquio
enriquecedor, esperamos, para todos.
A primeira destas tarde saudables tratará sobre
a ASMA e celebrarase o vindeiro mércores día 26 de
maio ás 18 h no Centro Social CAIXANOVA. Programa e información
relativa á súa convocatoria aqui.
Agradeceriámosche que, na medida do
posible, désedes difusión a este acto (a asistencia é
libre).
Un cordial saúdo
Fernando I Lago Deibe
Presidente da Asociación Canteira de Saúde
Ler mais
|