CONSELLOS DE CONTRACEPCIÓN
Anticonceptivoshoy informa
¿Sangrase sempre no primeiro coito?
Non sempre se sangra na primeira relación sexual con penetración.En ocasións pode aparecer unha pequena hemorraxia polo desgarro do hime (unha delgada membrana localizada a poucos milímetros da entrada da vaxina) durante a penetración.En outros casos non se produce o sangrado dado que cada hime ten unha consisténcia distinta.Por exemplo, as rapaces que utilizan de forma habitual tampóns poden ter un hime mais dilatado e non sangrar durante o primeiro coíño.Outras mulleres carecen de hime ou este préviamente rompeuse pola prática de exercício brusco ou indo en bicicleta.
¿Durante a semana de descanso da pílula non aparece o sangrado.Estarei empreñada?
A falta de aparición do sangrado durante a semana de descanso pode producir-se durante o tratamento con anticonceptivos orais aínda que se seguise correctamente a pauta de uso e, sen que por iso se afecte a eficacia da pílula.Outros factores, como o estres, tamén poden influír.Ante esta situación e tras cerciorarse que se seguiu a pauta de uso indicada e non se tomou nengunha medicación concomitante, se recomenda seguir coa toma habitual de anticonceptivos.Non obstante, se no seguinte período de descanso non aparecese o sangrado, seria conveniente consultar ao médico antes de comezar un novo envase de pílulas anticonceptivas.
¿Vou comezar co anelo.Cando mo teño que pór?
A primeira vez que se utiliza o anelo e non se parte de outro método anticonceptivo hormonal, ten que inserir-se o primeiro día do ciclo natural da muller (o primeiro día da súa menstruación).É posíbel iniciar o uso nos días 2-5, pero durante o primeiro ciclo recomenda-se un método de barreira adicional durante os primeiros 7 días de uso do anelo.É dicer, se inseres o anelo o primeiro día da pingadeira (primeiro día do sangrado), a acción anticonceptiva do mesmo é efectiva desde este primeiro día.Pero se o inseres entre o segundo e o quinto día da menstruación, este non é efectivo como anticonceptivo até 7 días despois de colócalo.Por conseguinte, durante estes 7 días é necesário utilizar un método anticonceptivo adicional, como o preservativo, se se manteñen relacións sexuais.Esta medida é aplicábel durante o primeiro ciclo de uso do anelo, é dicer, nos seguintes ciclos xa non é necesário utilizar un método anticonceptivo adicional durante a primeira semana.
http://click2.organon.com/images/Anticonceptivoshoy/200811/boletin1.html
Saber máis:
http://www.anticonceptivoshoy.com/Anticonceptivos/index.asp