Category Archives: ACTIVIDADES E CAMPAÑAS

A segunda das tardes saudables, COIDATE CORAZÓN

Estimados compañeiros:

Probablemente coñezades unha publicación que, dende os Centros de Saúde de Sárdoma e Matamá, levamos facendo máis de 15 anos titulada CANTEIRA DE SAÚDE. Esta publicación está dirixida a pacientes e cidadáns en xeral e ten como obxectivo principal proporcionar información sanitaria accesible, actualizada e de calidade.

Os editores desta iniciativa, constituídos como asociación sen ánimo de lucro, organizamos unha actividade titulada ASTARDES SAUDABLES de CANTEIRA DE SAÚDE, na que se trata un tema de intérés para os pacientes e público asistente, por parte dun experto, como escusa para abrir un debate ou coloquio enriquecedor para todos. A primeria TARDE foi o pasado mes de maio e tratou sobre a ASMA.

A segunda destas tardes saudables, COIDATE CORAZÓN, celebrarase o vindeiro martes 5 de outubro ás 18 h no Centro Social CAIXANOVA. Achegamos un pdf co cartón e o díptico publicitário (pendente de distribución por correo postal aos centros de saúde de Vigo) coa información relativa á súa convocatoria.

Agradeceriámosvos que, na medida do posible, désedes difusión no voso centro para aqueles pacientes que desexen acudir (a asistencia é libre).

Un cordial saúdo,

Fernando I Lago Deibe

Presidente da Asociación Canteira de Saúde

CS Sárdoma

Baixada a Laxe 76-36214-Vigo

986416324

ASOCIACIÓN CIDADÁ E MULTIDISCIPLINARIA

REXISTRO da XUNTA: Núm. 2007/010918-1  SC

CIF  G27700996

eBOLETIN nº1- V/2010 – O ASMA. MITOS E REALIDADES.

A primeira destas tarde saudables tratará sobre a ASMA e celebrarase o vindeiro mércores día 26 de maio ás 18 h no Centro Social CAIXANOVA. Programa e información relativa á súa convocatoria aqui.

• ¿Que é e que non é asma?
• Tipos e causas de asma.
• As alerxias e o asma.
• ¿Podese previ-lo asma?
• Tratamentos do  asma
• Evolución e pronóstico. ¿Curase o asma?
Debate co público

Local: Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova. Vigo.

Data: 26-05-2010.
Horario: 18-20 h.

TARDES SAUDABLES ASMA Centro Social Caixanova

Estimados compañeiros:

Probablemente coñezades unha publicación que, dende os Centros de Saúde de Sárdoma e Matamá, levamos facendo máis de 15 anos titulada Canteira de Saúde. Esta publicación está dirixida aos pacientes e ten como obxectivo principal proporcionar información sanitaria accesible, actualizada e de calidade.

Os editores desta iniciativa, constituídos como asociación sen ánimo de lucro, organizamos unha nova actividade titulada TARDES SAUDABLES, na que se tratará un tema de intérés para os pacientes por parte dun experto como escuso para abrir un debate ou cloquio enriquecedor, esperamos, para todos.

A primeira tarde tratará sobre a ASMA e celebrarase o próximo día 26 de maio ás 18 h no Centro Social Caixanova. Achegamos o tarjeton coa información relativa á súa convocatoria. Agradeceriámosche que, na medida do posible, désedes difusión no voso centro para aqueles pacientes que desexen acudir (a asistencia é libre).

Un cordial saúdo

Fernando I Lago Deibe
Jefe de Estudios Unidad Docente de MFyC de Vigo
XAP de Vigo
C/Rosalía de Castro 21-23
36201 – Vigo
986816491/45

http://www.canteiradesaude.com.es/
http://canteiradesaude.org/