Sobre Nos

Fins Sociais
Considerando a saúde como un proceso dinámico que vai máis aló da ausencia de enfermidade, e partindo da premisa da OMS “saúde para todos”, e as súas metas da estratexia rexional europea, adaptadas ao contexto galego actual, pretendemos como obxectivo clave, alcanzar o máximo estado de saúde posíbel para todos os cidadáns que lles permita levar unha vida social e económica máis satisfactoria, incidindo na participación comunitaria, cara a incrementar a información, a formación e a autonomía en materia de coidados e saúde dos cidadáns de Galicia.

Co instrumento da EpS pretendemos FAVORECER ENTRE OS CIDADÁNS GALEGOS A ADOPCIÓN DUN ESTILO DE VIDA MÁIS SAN E ECOLÓXICO e, como consecuencia, un mellor benestar e calidade de vida presente e futura, enmarcado nunha concepción holística e biopsicosocial da saúde do ser humano, na defensa da biodiversidade do ecosistema e da sostenibilidade do planeta Terra.

Obxetivos e Actividades

Principios básicos

Desenvolver actividades de información, comunicación e formación, en medios propios e alleos, mediante prensa escrita, audiovisual e na rede, dirixidos tanto ós asociados como á cidadanía en xeral.

Continuar a elaborar e editar o Boletín informativo e educativo, en formato escrito e dixital, dirixido ós asociados e ós cidadáns da Comunidade Autónoma, e un sitio web bilingüe, ambos baixo a cabeceira de “CANTEIRA DE SAÚDE”.

Fomentar actividades para profesionais, en materia de EpS e formación sanitaria dirixidas á comunidade, cara a promoción da saúde, a prevención das enfermidades, favorecer a curación e a reabilitación e fomentar os auto-coidados.

Tentar dinamizar un espazo propio de encontro entre os diversos colectivos cidadáns que forman a sociedade galega e, en especial, no medio laboral,escolar e universitario; organizando actos e actividades cara desenvolver progresivamente unha Escola de Saúde aberta, dinámica e participativa.

Impulsar estudos e investigacións entre educadores, pedagogos, profesionais socio-sanitarios, profesionais e científicos en xeral, que favorezan a saúde.

Deseñar e executar actividades para o fomento da participación comunitaria de veciños e colectivos cidadáns en materia de información sanitaria.

Impulsar as relacións e convenios de colaboración con outros axentes sociais, Administración Pública, empresas públicas e privadas e organizacións sen ánimo de lucro, que permitan un mellor cumprimento da súa meta fundacional.

Contribuír á divulgación das actividades relacionadas coas metas da nosa Sociedade. Na defensa da biodiversidade do ecosistema e da sostenibilidade do planeta Terra.

Tipos de Socios

Poderán pertencer á Sociedade CANTEIRA DE SAÚDE aquelas persoas físicas ou xurídicas con capacidade de obrar que acepten os seus Estatutos e que teñan interese no desenvolvemento dos fins fundacionais.

Porán ser socios de número todos aqueles profesionais dos eidos da educación e a cultura, as ciencias sociais e a saúde, e en xeral cualqueira profisional interesado en traballar no eido da EpS e espallar os obxectivos da asociación. Serán fundamentalmente os encargados de desenvolver os fins e actividades da Sociedade e só estes terán dereito a voto na Asemblea.

Poderán ser Socios Benfeitores aquelas persoas físicas que formalicen a solicitude correspondente e que proporcionen calquera tipo de donación ou axuda á Sociedade.

Poderán ser Socios Comunitarios e Institucionais aquelas organizacións sociais e non gobernamentais, Administracións e empresas públicas e, en xeral, calquera entidade social ou asociación sen ánimo de lucro, que brinden o seu apoio ós seus fines e actividades ou asinen convenios de colaboración coa Sociedade.

Poderán ser Socios Protectores ou Corporativos de CANTEIRA DE SAÚDE aquelas entidades xurídicas privadas que asinen convenios ou acordos de patrocinio e colaboración coa Sociedade para o seu sostemento ou para a realización das súas actividades.

Cotas 2007/2008

SOCIOS DE NÚMERO
Profesionais Grupo A (Licenciados) ……………………: A partires 30 €/ano
Profesionais Grupo B (Diplomados) ……………………: A partires 20 €/ano
Profesionais de outras Grupos e titulacións,
parados, residentes, estudantes…………………………: A partires 15 €/ano
SOCIOS BENFEITORES
…………………………………: A partires 20 €/ano
SOCIOS COMUNITARIOS
……………………………: A partires 20 €/ano
SOCIOS INSTITUCIONAIS
……………………………: A partires 600 €/ano
Socios Protectores e Colaboradores    e Patrocinadores das Actividades
……: A partires 600 €/ano

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>