TARDES SAUDABLES ASMA Centro Social Caixanova
Estimados compañeiros:
Probablemente coñezades unha publicación que, dende os Centros de Saúde de Sárdoma e Matamá, levamos facendo máis de 15 anos titulada Canteira de Saúde. Esta publicación está dirixida aos pacientes e ten como obxectivo principal proporcionar información sanitaria accesible, actualizada e de calidade.
Os editores desta iniciativa, constituídos como asociación sen ánimo de lucro, organizamos unha nova actividade titulada TARDES SAUDABLES, na que se tratará un tema de intérés para os pacientes por parte dun experto como escuso para abrir un debate ou cloquio enriquecedor, esperamos, para todos.
A primeira tarde tratará sobre a ASMA e celebrarase o próximo día 26 de maio ás 18 h no Centro Social Caixanova. Achegamos o tarjeton coa información relativa á súa convocatoria. Agradeceriámosche que, na medida do posible, désedes difusión no voso centro para aqueles pacientes que desexen acudir (a asistencia é libre).
Un cordial saúdo
Fernando I Lago Deibe
Jefe de Estudios Unidad Docente de MFyC de Vigo
XAP de Vigo
C/Rosalía de Castro 21-23
36201 – Vigo
986816491/45
http://www.canteiradesaude.com.es/
http://canteiradesaude.org/










