Hoxendía o 40% dos cancros pódense evitar…
No futuro, o cancro de cérvix tamén che pode tocar a ti.
Pódelo previr si:
- Te fás citoloxías periódicas
- Tomas precaucións nas túas relacións sexuais
- E si te infórmas acerca da vacina fronte o Virus do Papiloma Humano (VPH)Consulta as túas dúbidas no teu xinecologo/centro de saúde.
A pesar de que se calcula que para o ano 2030 haberá no mundo 26 millóns de casos novos de cancro e 17 millóns de mortes por mor desta enfermidade, as boas noticias son que o 40% das neoplasias pódense evitar.
Segundo a Unión Internacional Contra o Cancro (UICC), cancros como o de pulmón, pel, cérvix ou colorrectal son potencialmente evitables levando á práctica unha serie de consellos talles como non fumar e evitar a exposición ao fume do tabaco; limitar o consumo do alcol; evitar unha exposición excesiva aos raios ultravioleta e manter o peso adecuado a través dunha dieta equilibrada e practicando exercicio físico regularmente.
Previr o cancro é o lema da campaña do 4 de febreiro con motivo do Día Mundial do Cancro. O risco de desenvolver un cancro relacionado co tabaco, cun alto consumo de alcol, ou coa exposición excesiva ao sol e a obesidade, pódese reducir sensiblemente evitando estes factores de risco e fomentando condutas saudables, como facer exercicio con regularidade e seguir unha alimentación sa. Por este motivo, quíxose facer especial fincapé nos máis novos para que adopten un estilo de vida san e poidan evitar no futuro ter máis posibilidades de padecer esta enfermidade.
As cifras de consumo de alcol e tabaco nos adolescentes españois son alarmantes. Cada vez máis mozos inícianse antes en hábitos tan pouco saudables como estes, por esta razón a campaña está orientada a sensibilizarlles e educarlles para unha mellor prevención do cancro.
Fonte:
https://www.todocancer.com/ESP/Informacion+Cancer
|