DIA MUNDIAL DO CORAZON 2009

TRABALLAR CON CORAZON

Día Mundial do Corazón 2009

A meirande parte de nós pasamos no traballo máis da metade das horas que nos mantemos espertos. Un medio profesional agradable sempre influirá positivamente na nosa motivación para desenvolver uns hábitos de vida sans e, desta forma, reducir considerablemente o risco de padecer moitas enfermidades, entre outras  as cardiovasculares e os accidentes cerebrovasculares, que constituían a primeira causa de morte no mundo.

Por iso, o Día Mundial do Corazón 2009, que se celebrará en máis dun centenar de países, escolleu o lema Traballar con corazón, unha mensaxe que pretende animarnos a coidar da nosa saúde durante a xornada laboral e mellorar así o noso rendemento.

Conscientes de que o bo estado de saúde dos seus empregados é un aspecto fundamental para a consecución dos obxectivos profesionais, o número de empresas preocupadas por promocionar de forma activa un estilo de vida saudable está aumentando considerablemente nos últimos anos. Lamentablemente, este tipo de iniciativas só adoita levar a cabo nalgunhas grandes compañías, non así os autónomos, os negocios familiares e as pequenas empresas con escaso persoal; nestas, a iniciativa ten que xurdir dos propios interesados.

Para paliar esta carencia, desde a Fundación Española do Corazón (FEC) animámosche a aplicar no teu traballo algúns trucos que contribuirán a mellorar a túa saúde cardiovascular.


BOAS RAZONS PARA TRABALLAR CO CORAZON

Podes aproveitar a túa estancia no traballo para coidar da túa saúde. Ofrecémosche catro motivos para traballar con corazón:

    1. Salvar vidas: Case a metade das persoas que morren por infarto de miocardio e enfermidades cardiovasculares fano durante a súa vida laboral: entre os 15 e os 69 anos. Moitos dos factores que provocan estes falecementos podemos controlalos voluntariamente: tabaco, mala alimentación e ausencia de actividade física regular.
    2. Benestar persoal: O traballo ben feito pode extraer o mellor de nós mesmos: aumento da concentración, estimular a axilidade mental, desenvolver gratificantes relacións persoais cos compañeiros… A actividade laboral estimula as endorfinas e anímanos a gozar logo do noso tempo de lecer de forma relaxada e sen tensións.
    3. Vantaxes sociais: Hai que organizar actividades de lecer cos colegas de traballo. É desexable abrir o círculo a compañeiros doutros departamentos cos que non temos contacto diario nin habitual. Con este tipo de accións potenciaremos a creación de novas relacións e consolidaremos a confianza do grupo.
    4. Beneficios económicos: Estes son só algúns dos obxectivos que pode alcanzar unha empresa que se preocupa polo bo estado de saúde do seu persoal: maior produtividade, redución da taxa de absentismo, descenso de gastos médicos, diminución de accidentes laborais, alta estabilidade laboral, bo ambiente de traballo.


COMO CONSEGUIR UN MEDIO  LABORAL  MAIS SAUDABLE

  • Fai exercicio diariamente. Se practicas algún deporte cos teus compañeiros de traballo estimularás ademais a camaradería e a amizade.
  • Dá un paseo durante algunha das pausas da xornada. Ademais de ser bo para o teu corazón, axudarache a desconectar e romper coa rutina.  Inclúe a actividade física regular na teu quefacer diario.
  • Informa aos teus colegas das vantaxes de seguir unha dieta equilibrada e de manterse activos fisicamente.
  • Contribúe a crear un ambiente sen fume, totalmente afastado do tabaco.
  • Pide á cafetería do teu centro de traballo ou aos bares e restaurantes próximos que ofrezan menús equilibrados e saudables.
  • Fala co superior ou os responsables de riscos laborais e recursos humanos para suxerirlles ideas que axuden a implantar una política laboral saudable no  medio profesional.

CONSELLOS PARA CREAR O TEU  PROGRAMA  LABORAL

  • Alimentación saudable:   come ao menos cinco pezas de froita e verduras ao día. Aprende a elixir: pide un “menú san” ou leva a comida da casa.
  • Exercítate:  con tan só 30 minutos de exercicio ao día podes axudar a túa saúde e sairás gañando no traballo. Sube e baixa as esqueiras, dá un paseo na pausa do traballo, baixa do bus dúas paradas antes, vai andando ao traballo …
  • Utiliza menos sal e evita os pratos precociñados: tenta limitar o consumo de sal a unha culler de café ao día.
  • Di “non” ao tabaco activo e pasivo: o risco de doenzas coronarias reducese a metade nun ano  e co tempo regresará ao nivel normal.
  • Controla o teu exceso de peso: a perda de peso, si ademais acompañase da redución do consumo de sal, contribúe ao descenso da presión arterial. A tensión alta é o primeiro causante de infarto e unha das causas principais da metade das enfermidades cardiovasculares.
  • Examina a túa saúde:  acude a  profesional sanitario a que te mida a tensión, o peso, o índice de masa corporal e o de cintura – cadeira e os niveis de colesterol e azucre.

Fomentar a actividade física e unha alimentación saudable,

evitar o tabaco no medio profesional e arredores pode ser doado e  barato.

Fonte:    SOCIEDAD ESPAÑOLA DE CARDIOLOGIA/FUNDACION ESPAÑOLA DEL CORAZON/WORLD HEART FEDERATION

SABER MAIS:

http://www.worldheartday.org

http://www.fundaciondelcorazon.com/

http://www.secardiologia.es/