A DIETA MEDITERRÁNEA, UNHA APOSTA POLA SAÚDE

Ademais de diminuír o risco de enfermidade cardiovascular e cancro, a dieta mediterránea tamén nos protexe doutras enfermidades
crónicas como o Parkinson e o Alzheimer. Isto confírmao, unha vez máis,
unha revisión de estudos internacionais na que participaron máis dun millón e medio de individuos.

Este tipo de alimentación é rica en froitas e verduras, cereais, legumes
e aceite de oliva e baixa en carnes vermellas, produtos lácteos enteiros e alimentos precocinados. Canto mellor é a adherencia á dieta mellor son os resultados na prevención de enfermidades crónicas.

British Medical Journal, 2008