PRESENTACIÓN DO NOVO SITIO EN INTERNET DE CANTEIRA DE SAÚDE
Presentamos unha nova actividade da Asociación Cidadá e Multidisciplinaria CANTEIRA DE SAÚDE, Sociedade Galega de Educación para a Saúde na Comunidade: o seu sitio en internet, que ate agora viña funcionando como blog de presentación da Asociación.
A partires destas páxinas colgadas iremos construíndo aos poucos a web, estando abertos as suxestións de socios, colaboradores e amigos do proxectoCANTEIRA.
Neste senso gustaríanos recibir as vosas achegas, en materia de textos sanitarios, educativos e pedagóxicos, para así enriquecer entre todos este novo portal web de Educación para a Saúde (EpS). O fin fundacional da Sociedade “CANTEIRA DE SAÚDE”, é favorecer, con técnicas de EpS, a adopción polos cidadáns dun estilo de vida máis saudable e ecolóxico e, como consecuencia, a obtención dun maior benestar e calidade de vida, centrado nunha concepción biopsicosocial da saúde do ser humano e na defensa da sostenibilidade e biodiversidade do ecosistema terrestre.
Cremos que este portal web, xunto coa edición do Boletín “CANTEIRA DE SAÚDE”, que até agora era a actividade central da Asociación, as novas publicacións que editemos e outras actividades en proxecto (campañas, charlas, mesas redondas, obradoiros, etc.), abertas e dependentes da participación activa, tanto de socios como de outros voluntarios interesados (estudantes, profesionais, xubilados e cidadáns en xeral sensibilizados nesta temática) neste traballo educativo en saúde, poden ser ferramentas importantes que contribúan a acadar este fin dun xeito máis aberto e interactivo.
Por último, reclamar o voso apoio para o sostemento desta Asociación sen fin de lucro e as súas actividades, en especial o noso Boletín impreso de distribución gratuíta CANTEIRA DE SAÚDE. Pois, si queremos manter as edicións impresas, precisamos poder contar coa colaboración económica de institucións, empresas, profesionais e cidadáns en xeral, facéndose socios e patrocinadores das nosas actividades.
Grazas de antemán polo voso apoio e participación.
Recibide un saúdo de tod@s os que facemos CANTEIRA DE SAÚDE,
Fernando Lago Deibe,
Presidente
Moncho Velhas Pereira,
Vicepresidente e Coordenador de Proxectos
Antonio Carrera Merino
Secretario
José Ramón Moliner de la Puente
Tesoreiro










